Queres ver todo brillante, limpo e desinfectado?
Queredes ter máis tempo para vós e as vosas familias?
Aproveitarei a experiencia de máis de 6 anos adicados a limpeza de locais cara ao público, para tender-vos unha man nas tarefas difíciles, que precisan dedicación, esforzo e tempo.
Se tedes un negocio, un traballo fora da vosa casa, sei que ao non ser o traballo principal vos resta tempo.
A limpeza que eu farei por vos é a mesma que queredes, e que esixides.
Polo tanto teredes a tranquilidade de que todo quedará listo co mínimo esforzo para vos,e así sentir-vos a gusto na casa, na oficina, no local…
Método da limpeza en Nany Na Casa:
Respectando o medio ambiente.
Usarei maquinaria de auga; mediante vapor, aspiración ou presión.
Levarei un rexistro das tarefas e no estado na que se atopan.
Informe das tarefas que se realizan e o nivel de alcance dos obxectivos.
Os produtos de limpeza que uso serán, xabóns elaborados na casa (tipo lagarto), lixivias e/ou amoníacos.
Na máxima medida do que poidamos, esta empresa prescindirá de produtos tóxicos e abrasivos.
Servizos de limpeza de Nany:
Negocios, oficinas, locais, casas, reformas, obras….
Mantemento diario que fariades vos, limpezas puntuais de emerxencia…
Planchar, colada, cortinas, tapicerías, azulexos, cristais, terrazas, electrodomésticos, habitacións especificas, cociñas...
Ou limpeza especifica: maquinaria, festas, obras, reformas, terrazas, tapicería (neste caso da tapicería, tedes garantido que quedará húmida), pisos alugamento de verán…
Compromiso:
Se comparas o prezo co esforzo que aforras e tes en conta que o resultado vai ser igual que o que tu farías, ou mellor, veredes que é unha boa inversión.
Contratar os servizos por horas, días, anual, mensual.
Libre de “permanencia” por parte do cliente.