Nany na Casa ten experiencia con peques dende máis de 20 anos. Ademais do coidado dos propios fillos, tamén ten experiencia en apoio de grupos escolares privados, en transporte escolar e en comedores escolares.
Para Nany na Casa a responsabilidade que supón estar ao cargo de menores é o máis importante. É esta responsabilidade a que fai que xurda a empresa, que leva dada de alta dende comezos de ano, para traballar coas familias da Mariña Lucense.
Que pode facer Nany na Casa?
Axudarvos a conciliar a vida laboral, persoal e familiar, tratando de facer con eles as mesmas tarefas que farían con vos, os seus pais: Ir ao parque, estar en casa, merendar, ir buscalos ao colexio, ao autobús, acompañalos ás actividades extraescolares, darlles a merenda ou a comida, levalos a casa de amigos, xogar con eles, asearse polas mañás, preparar a súa mochila, en resume, seguir cos seus hábitos da vida diaria…
Cando chamar a Nany na Casa?
Queres ir cear fora e precisas unha canguro que quede cos cativos da casa, tedes unha reunión, unha charla, un evento e precisas dunha axuda para poder estar cos teus fillos nesas situacións, neses casos podes chamar a Nany na Casa.
Se se poñen enfermos, e non poden asistir ao cole, gardería, ludoteca, e non tes quen quede con eles.