O obxectivo de Nany recados é o de axudar a conciliación (solucións reais de tempo e tarefas) familiar, laboral e persoal.
Podedes delegar calquera tarefa secundaria a Nany, e así adicar toda a atención e enerxía ás vosas actividades principais.
Compromiso e garantía de discreción e confidencialidade.
Recados cómo:
- Acompañar ao medico, sintrón, Burela (incluído quedar a durmir de noite), análises, placas, diálise, diabetes…
- Organizar espazos: armarios, oficinas, librerías, despensas, habitacións..
- Comprar un agasallo de última hora para un cumple, voda, comunión, bautizo, celebración, invitación a cear…
- Facer a compra semanal.
- Facer devolucións.
- Pedir citas de: Saúde, I.T.V, Facenda, Seguridade, Social, SEPE…
- Leva/recoller documentos as entidades, o parte de baixa/alta a túa empresa, roupa da tintorería, roupa da costureira, o zapateiro, a farmacia, informático …
- Calquera tipo de taller de reparacións: coches, informático
Tu dis o que precisas, eu recóllocho e lévollo aos profesionais que realizan o seu traballo.
Recado feito, cliente satisfeito.