Esta son eu, María, a persoa que está detrás de Nany Na Casa.
Os que xa me coñecedes, sabedes que me adiquei durante estes anos a coidar dos meus dous “peques” un de 17 e outro de 8, e mentres ía compaxinando con diferentes traballos como: canguro de nenos, dependenta, limpadora, coidadora de nenos no transporte escolar, no comedor, axudante de estética, axudante de cociña...
Pois ben, agora chegou o momento de ir un pouco máis aló, e xestionar o meu tempo adicándome a todos eses campos nos que andei.
Contarvos que ao longo de estes anos tamén aproveitei para realizar cursos como: Atención socio-sanitaria para persoas dependentes, cursos sobre alérxenos e A.P.P.C.C curso de análise do perigo e puntos de control crítico.
Espero que vos poda axudar a ter unha forma de vida máis cómoda e que o voso tempo o podades aproveitar no que de verdade vos gusta, sen ter que facer as tarefas pesadas ou incómodas.
Os meus servizos están orientados tanto aos pais/nais, como a comerciantes, autónomos, empresas, ou amas/os de casa.
Non dubidedes en poñervos en contacto comigo para calquera recado, limpeza ou coidado de peques que vexades que vos podo ser útil.